En Brest, preto da igrexa de Santa María do Carmelo, un vello oficial da Mariña garda entre as súas reliquias a imaxe chea de coiteladas dunha serea tallada en madeira. Ante a intriga dun convidado seu, empréstalle un caderno no que se narra a historia da misteriosa figura: o particular caderno de bitácora do médico de a bordo do Axenor.