Advertencia a navegantes , que non por obvia semella inútil nestes tempos de éticas líquidas , purezas esixidas e hipersensibilidades agresivas nos que vivimos: Kiko Da Silva leva sendo Kiko Da Silva máis de corenta anos . É un tipo polifacético , con matices , con contradicións ( coma calquera ) , coas súas teimas e as súas opinións .
A Silveira é un traballo de opinión e análise da actualidade , non un estudo historiográfico académico en fascículos diarios . Supoño que quen decida pagar o diñeiro que custe este libro non vai chegar de novas , pero mellor incluílo xa no prospecto .
Kiko Da Silva , nesta morea de viñetas que van compoñendo A Silveira , é mordaz , irónico , lúcido , vehemente , atinado , ocorrente . E o seu debuxo , aquí ao cento por cento ao servizo da idea , dunha eficacia rotunda. Non se me ocorre outro cualificativo máis apropiado para A Silveira ca o de brillante .