A Sude Como Negocio

Autor
Pablo Vaamonde Garcia
Editorial
Xunta De Galicia Xunta De Galicia*
ISBN
9788484872221
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
255
Formato
Rústica
Colección
Rustica
13,00€

Neste tempo de incertezas sobre o noso futuro colectivo, Edicións Laiovento ven de publicar o libro “A saúde como negocio”, no que se describe a situación actual da sanidade pública, analízanse as actuacións realizadas polos actuais gobernantes e faise unha valoración das consecuencias negativas que estas intervencións poden ter para a sustentabilidade do sistema sanitario no porvir inmediato.Trátase dun libro colectivo. Os seus autores son Mª Luísa Lores, Manuel Martín, Jesús Rey, Marciano Sánchez-Bayle e Pablo Vaamonde, todos eles persoas comprometidas coa defensa da sanidade pública. É un texto oportuno e necesario, que aporta información obxectiva, argumentos e análises para explicar como é posible facer outras políticas que, na vez de deteriorar e pór en risco o sistema público, procuren a súa mellora e consolidación.De xeito didáctico e a grandes trazos podemos definir dúas posicións confrontadas en relación coa política sanitaria e a xestión dos servizos sanitarios públicos:*Hai unha corrente progresista que entende a sanidade pública como un dos piares esenciais do estado do benestar, defende a atención sanitaria como un dereito dos cidadáns e promove o acceso aos servizos de forma universal e gratuíta, sen ningunha restrición. Esta corrente considera que o financiamento da sanidade debe realizarse cos impostos dos cidadáns e a prestación debe ser fundamentalmente pública, considerando o sector privado como subsidiario e complementario.*Na outra banda existe un pensamento ultraliberal que considera que cadaquén debe acceder aos servizos sanitarios que poida custear persoalmente. Esta corrente, hoxe predominante, fixo circular nos últimos tempos unha argumentación elemental baseada en catro conceptos: a insustentabilidade do actual sistema sanitario, a utilidade de separar financiamento e prestación dos servizos para mellorar a eficiencia, a necesidade imperiosa de introducir o copagamento para o acceso aos servizos, e a crenza (non demostrada) de que a xestión da sanidade privada é mellor e máis eficiente que a pública.