A Timidez Das Copas

Autor
Ruth Oliveira
Editorial
Edicions Laiovento
ISBN
9788484875512
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
67
Formato
Rústica
Colección
Rustica
10,00€

A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide. As follas máis altas deteñen o crecemento para non tocarse coas das copas adxacentes . O espazo resultante debuxa unha sorte de aberturas que permiten a entrada de luz no bosque . É así posible a fotosíntese . A poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo , a procura , a incerteza . A maternidade cóase no torrente das fendas , ancora na frondosidade para crear una natureza inventada . Afastarse do estalido da realidade . Un lugar ao abeiro do bosque no que experimentar o vínculo dende o sosego e o silencio .