A Traba

Autor
Mary Cholmondeley
Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788494653841
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
58
Colección
Vólvense os paxaros contra as escopetas
7,00€

Sinopse A traba publicouse orixinalmente en lingua inglesa en 1901, nas páxinas do londiniense The Monthly Review, e un ano máis tarde como parte da compilación Moth and Rust. Trátase dunha peza plenamente vitoriana na que resulta de especial interese a relación entre as mulleres protagonistas, cun amplo abano de sentimentos encontrados que van dende a rivalidade atávica até a amizade íntima e a adoración. A través dunha trama de relativo enredo na que o fin último é o matrimonio, a personaxe protagonista, Lady Mary Carden, é o eixe a partir do cal a autora perfila con habelencia (tamén co recurso do narrador xuizoso) unha serie de arquetipos tanto masculinos coma femininos, repartidos practicamente por igual. Así mesmo, xoga un papel importante o erotismo que emana da atractiva Elsa Grey, obxecto de desexo de case todos que «irradia a pálida e espléndida perfección da magnolia que se abre pola noite». O dilema sororidade fronte a individualismo marcará os designios do triángulo amoroso presente nesta novela curta; sobre ese fráxil equilibrio pende unha espada de Damocles: a da necesidade –a imposición social– de casar.