Baseadas en lendas e crenzas populares, como a do lobishome e a dos mouros gardadores de tesouros fabulosos, moitas destas narracións vencéllanse coa nosa imaxinación colectiva como pobo. Noutras o autor adiántase ao seu tempo para facer unha parodia crítica e mordaz, maxistral e divertida, dos comportamentos, roles e obsesións da sociedade de hoxe. Este libro inclúe algúns dos relatos máis admirados do autor ourensán, como "Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiro