Mario Quintela, funcionario eficiente e esposo amante, está ingresado no cárcere de Teixeiro á espera de ser entrevistado pola psicóloga da prisión. Roberto, un traficante alcumado o Coronel, visita de cando en vez a Eva na cadea ó obxecto de garantir o per-manente control da situación. Helena, avogada da ONG Portas Abertas, empéñase, coa axuda do padre Marcos, en salvar a Eva o cal terminará por supoñer a súa propia condena. As traxectorias de persoas que ocupan mundos e espazos diverxentes crúzanse en distintos momentos e cada cruzamento altera o rumbo de cadansúas existencias. O peso das circunstan-cias sitúase por riba das decisións persoais, mesmo por riba das identidades, das familias e das institucións. A trenza constitúe un relato brillante e intenso dende os primeiros compases e que se vai enriquecendo a medida que os personaxes clave da historia acumulan experiencias vitais, en moitos casos completamente inesperadas. A trenza é, ademais, unha novela cun salientable fondo social.