A unidade e a harmonía da Realidade é un diálogo aberto co mundo da ciencia e do pensamento, que nos anuncia unha nova maneira de situarnos como persoas e comunidade crente-relixiosa dentro da Realidade. Un ensaio apaixonado que fala de ciencia, de física, de filosofía, de teoloxía, de mística, da natureza, da creación e do lugar que todo ser humano ocupa nese conxunto un e diverso de seres, e das relacións que formamos no mundo.