A Vangarda Da Presenza

Autor
Xesus Gonzalez Gomez
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484871187
Idioma
Gallego
Nº de páginas
223
Formato
Rústica
20,00€

"Non se trata de pór a poesía ao servizo da revolución, senón de pór a revolución ao servizo da poesía. É soamente así que a revolución non traizoa o seu propio proxecto. Non reproduciremos o erro dos surrealistas que se puxeron ao seu servizo precisamente cando xa non existía", podía lerse no número 8 da revista Internationale situationniste. É, sen dúbida, e até nova orde, despois do surrealismo no seo da Internacional situacionista que se encontra máis claramente a vontade de vincular revolución estética e revolución política. Raoul Vanegeim, en 1967, escribiu: "Os situacionistas reivindican plenamente a herdanza surrealista, rexeitando repetir os seus erros e principalmente a recuperación da arte surrealista pola sociedade burguesa". O desexo, a paixón, o xogo son os elementos que permiten revolucionar a arte para que a creación artística sexa obra de todos. Se o proxecto é moi semellante, as modalidades de realizalo son diferentes. A revolución estética dos surrealistas alicérzase na poesía e a pintura, mentres que para os situacionistas pasa pola irrupción da estética na vida cotiá a través da práctica da "deriva", a construcción de "situacións", un novo urbanismo... Mais se os situacionistas evitaron o escollo da recuperación que coñeceu a arte surrealista, non é, como subliña Susan Rubin Suleiman, ao prezo do abandono da compoñente estética do seu dobre proxecto inicial. A evolución do movemento mostra que os situacionistas consagraron o esencial da súa actividade a unha reflexión exclusivamente política. E a disolución, en 1972, da Internacional situacionista significa o abandono do proxecto político".