"Non tiven case tempo para pensar na vida que estaba a botar por riba de catro herbas asustadas. Pensaba no molestas que son as proteccións prateadas anti-choque anti-golpe anti-morte que molestas son para uns ollos cansos para unha arcada de cervexa xa sen burbullas xa sen gas xa mesturada con cansos herba, anti-morte. E tanta luz non era normal. O brillo no meu pantalón, nas mans apertando oferro no ferro aturando as mans. E caín na conta. Detrás alguén estaba a facer o baile nupcial curtas-longas curtas-longas curtas-longas."