A Verdade Nos Espellos

Autor
Pablo Rubén Eyré
Editorial
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478246489
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
210
Formato
Rústica
Colección
Rustica
20,00€

Na tradición literaria, os espellos sempre foron obxectos que redimensionan a realidade dun xeito que ningún outro recurso é quen de conseguir. Se Carroll nos descubriu un mundo «marabilloso» detrás dun, Eyré consegue, neste libro de relatos, presentarnos un arquipélago de proxeccións dos temas fundamentais da literatura galega. Por exemplo, o da morte que revive nunha fantasmagoría nesa especie de inframundo lovecraftiano que tanto nos apaixona nestas latitudes; tamén o do uso, ou máis ben o abuso, do poder e da forza nas relacións humanas que se plasma na fraxilidade da vida que o autor tracexa con mestría na alegoría das almas en pena, que nin viven nin morren e que legan a certeza maciza e densa da incerteza vital; e tamén o humor, sempre acedo, que fai caricatura dos personaxes dos que queremos, mesmo precisamos, rir nalgún momento, porque na vida real apenas si poderiamos saudalos… A variedade temática é extensa nestes vinte e sete contos, pero todos teñen un elemento común: a visión multipolar que o espello, real ou imaxinario, sempre matiza co seu reflexo teimudo e testán. Este libro de relatos é un exemplo excepcional da tradición contista galega, pois ofrece unha variedade argumental e unha calidade estilística que sen dúbida ningunha mereceron o Premio Risco de Creación Literaria de 2015. Salienta a construción dos ritmos discursivos, que transmite con moita efectividade os ambientes e atmosferas para desenlazalos sempre de xeito sorprendente, así como unha riqueza léxica que lle achega á obra un universo narrativo propio.