Catorce temas a facer un percorrido por músicas de raíz, desde O Courel ata Nova Orleáns, compoñen o último lanzamento da Asociación Cultural o Fiadeiro, de Vigo. A viaxe de José do Campo convida a un percorrido musical na forma de conto nun libro CD realizado por Xavier Balsas e Rafa Crespo, con ilustracións de Xacobe Bobillo. Os temas están interpretados polo grupo de música O Fiadeiro e o álbum inclúe ademais letras de cantigas, partituras e propostas de actividades para desenvolver en aulas. Gravado en Chispún! Estudio, o álbum está coeditado polo Fiadeiro, Inquedanzas Sonoras e mais Ton e Son Editorial.