–Gustoume o teu libro –dixo, demostrando que me volvía trabucar–. Pero só contas paridas.
–Ah –dixen, de forma neutra. Estou afeito a que a xente dubide da veracidade das miñas historias, e xa non me ofende.
–Pensei que se cadra quererías ver algo de acción de verdade.
Nada máis lonxe do meu pensamento, pois aborrezo a acción. A miña preocupación é evitala, non atopala, aínda que non o admita.