Un libro sobre o paso do tempo e o exilio dos anos. Sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedra máis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre as palabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E tamén sobre as palabras capaces, mesmo, de matar. O exinspector de policía Carlos Manso anda detrás dun asasino, pero non do que a el lle gustaría. El mesmo tamén matou un home, unha vez. Dúas historias policiais separadas por vinte anos e dous mil quilómetros, pero unidas pola necesidade de redención.