A Visión Do Amor No Cancioneiro De Don Denis

Autor
Leticia Eirín García
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484872757
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
286
Formato
Rústica
Colección
Rustica
19,90€

Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigas de amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas cales aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópico xa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos trázase unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco, unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola voz poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplación da senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico e literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa fixación textual, realizada seguindo as tendencias ‘neo-lachmanianas’ e outras achegas actuais e signifi cativas da crítica textual. O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas, fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais este destaca tamén cualitativamente, debido á unión nas súas composicións da tradición poética previa con elementos innovadores, así como polo diálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal. O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produción lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza a nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel como o último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito que redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do noso glorioso patrimonio cultural e literario.