Ao son do enerxético ritmo de Cé orquestra pantasma, A Voar conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos quen de a nosa vida mellorar.
A Voar pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, nenos e nenas…a voar!!