A voda do papá é unha historia dunha nena, Sara, que se ten que adaptar a vivir soa co seu pai. Sara está influenciada polas fantasías dos contos de fadas tradicionais, pero nunha viaxe que fai ós Ancares coñece a Cloti e daquela comprende a diferencia entre a vida real e os contos.