Sinopse
Nunca podería imaxinar os segredos que ocultaba o caderno de viaxe do meu irmán, nin a fonda pegada que deixara ao seu paso polo Nepal. Baixo a tremelucente luz das chamas percorrín coa vista aquel traxecto, espertando na miña mente imaxes de lugares que só vira nos libros: Kathmandú, Namche Bazaar, a aldea de Dingboche... As súas palabras, como ecos do pasado, espertaron en min a necesidade de ir tras dos seus pasos. O Himalaia custodiaba a verdade sobre o que acontecera, un misterio cuxas claves residían naquel diario polo que algúns estaban dispostos a matar. Así comezou unha aventura que cambiaría as nosas vidas, coa esperanza de acadar ese cumio, onde á fin, poderiamos alzar a man e acariciar o ceo.