–Ola, papá–dixo Bernardo.–Agora non, Bernardo–dixo seu pai.–Ola, mamá–dixo Bernardo.–Agora non, Bernardo–dixo súa nai.–Hai un monstro no xardín e vaime comer–dixo Bernardo…Este clásico de 1980 é unha inquietante e divertida historia para primeiros lectores, e á vez un toque de atención aos adultos, tan ocupados nas súas cousas que non atenden abondoas necesidades -xa non materiais, senón afectivas- dos cativos. Malia que Bernardo avisa os seus pais de que hai un monstroa piques de papalo, ningún lle fai caso. No cume do absurdo, o monstro chega a ocupar o lugar do neno no fogar, sen que ninguénmáis da familia se decate e persistan en ignoralo, como facían co rapaz.