“...Nos anos sesenta do século XX empeza a xurdir unha pléiade de poetas novos, tanto homes como mulleres. As infuencias son xa varias: dende a bagaxe da poesía tradicional, o simbolismo, o formalismo e o surrealismo até os novos xeitos de abordar a literatura en xeral e a poesía en particular, sede e aires de liberdade, de ruptura, de experimentación, a xeración beat...” (Fragmento do prólogo de Jose Angel Irigaray) De idades, estilos e traxectorias diferentes, o que teñen en común os poetas vascos agrupados nesta antoloxía é a súa pertenza a unha lingua milenaria e o feito de publicaren boa parte da súa obra na editorial Pamiela. De cada un, preséntanse media ducia de composicións -en edición bilingüe éuscaro/galego- que pretenden estimular o interese dos lectores galegos por unha poesía insuficientemente divulgada alén da súas fronteiras.