Almanaque de encantos concentra na freguesía de Cerdedo mostras dos seres míticos e dos lugares máxicos que se atopan espallados por toda Galicia. De aí a utilidade do Almanaque como dicionario dos seres míticos ou como guía da Galicia máxica cuxo valor sobrancea o local. Nunca unha freguesía acolleu tanto ser!!
Calros Solla continuando ese labor de recolla, de escoitador e transmisor da sabedoría do pobo, deixounos abondosos relatos que testemuñan a riqueza da Terra de Cerdedo.