Sinopse
Carlos e a súa familia acaban de mudarse á vila.
Todo é novo para el: a escola, os libros, os compañeiros de clase. Os seus pais e os mestres intentarán facilitarlle a integración, pois Carlos é un neno con discapacidade intelectural. Pero quen conseguirá axudalo será un misterioso vello chamado Tobías. Con este curioso personaxe, Carlos e os seus novos amigos aprenderán a facer maxia, a ler cos ollos pechados, mais, sobre todo, a entender as limitacións e valorar as virtudes que todos temos.