Alta Mar, Mar Aberta

Autor
ALBERTO GONZÁLEZ GARCÉS
Editorial
Medulia Editorial
ISBN
9788419438355
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
103
Formato
Rústica
Colección
Rustica
14,90€

Alberto González-Garcés mergúllase na intimidade con vibración lírica e emotiva. No seu plantexamento poético, a esfera do persoal, as experiencias da vida, os sentimentos e pensamentos suscitados polo decorrer dos anos e dos días constitúen o eixe da atención perceptiva. Así viaxa do goce do vivido á meditación existencial e á ferida elexíaca das experiencias que o marcaron con fondas pegadas. Neste sentido, o libro é, en certo modo, unha autobiografía poética na que, ao lado das idas e vindas polas que os labores e os sucesos o foron levando, non faltan os aspectos dolorosos da existencia. E, ao lado da fiel e sentida homenaxe á súa familia, non deixa de xurdir a preocupación pola morte e o paso inexorable do tempo: os temas de hoxe e de sempre da condición humana.