Sinopse Amelia entrou no salón. O seu pai estaba sentado na súa cadeira favorita lendo o xornal. "Papá", dixo ela. "Estaba pensando...". O seu pai suspirou. «Cando Amelia pensa, seguro que hai problemas». Amelia continuou: "Papá, non poderiamos ter un can?" Ás veces é preciso dar un rodeo para conseguir unha meta; non sempre o camiño máis curto entre dous puntos é a liña recta recta. É a estratexia de Amelia cando se Ile antolla adoptar un can... Dende unha aguja a unha balea, pasando por un cabalo ou un elefante, os intentos de Amelia por convencer o seu pai son cada vez máis disparatados. Ademais dunha divertida historia sobre o pillabáns que poden ser os cativos e a pouca atención que os adultos Iles prestan ante asuntos aparentemente banais, o relato destaca pola súa marcada estructura. Tim Bowley recorre aos esquemas propios da literatura oral -estrutura acumulativa e elementos repetitivos- para captar a atención dos lectores. Unha obra de moito colorido cunha proposta estética a base de técnica mixta e collage, para achegar os nenos a conceptos como a responsabilidade, aplicada ás obrigas que supón coidar dunha mascota, que animais son susceptibles de seren domésticos e cales polo seu carácter salvaxe deben vivir en liberdade.