Un álbum de Eric Carle que expresa de xeito sinxelo pero profundo o verdadeiro valor da amizade. Compartían xogos, bailes e confidencias ata que a distancia os separou. Mais non houbo río, montaña, bosque, chuvia ou escuridade que impedise que se volvesen atopar. Cunha linguaxe sinxela e unhas ilustracións cheas de cor e expresividade, este álbum é quen de conmovernos e transmitir profundas emocións e sentimentos sobre o valor da amizade e do amor que supera ausencias e obstáculos. Unha obra perfecta para compartir que sorprenderá a lectores e lectoras e que remata cunha particular nota autobiográfica do autor.