Sinopse
Nunha casa da rúa Joseph Israelskade, aparece un cadáver con catro balazos no estómago. As investigacións policiais póñense en marcha con axilidade dirixidas por Van der Valk, un inspector da Amsterdamse recherche de métodos poucos ortodoxos, para descubrir o autor do crime. No curso das pesquisas revelarase a fondura psicolóxica das personalidades de Martin, Sophia e, en especial, Elsa de Charmoy, unha muller sen sosego e sinistra, a través dun triángulo amoroso orixinal. Coma escenario da paixón e do misterio, o retrato dunha Amsterdam costumista, fría e xovial.