Sinopse
En 1966 a escritora dominicana Jean Rhys publica en Gran Bretaña “Ancho mar de argazo” considerada a súa mellor novela. A partir de entón, a súa obra literaria comeza a ser moi considerada pola crítica. As personaxes de Rhys abanean na confrontación entre unha intimidade desconcertada e o asoballamento do mundo, que mesmo pode conducir á tolemia. En “Ancho mar de argazo”, unha novela de amplísimas resonancias, a autora rescata a súa protagonista da obra de Charlotte Brönte. Jean Rhys crea un deslumbrante mundo ficcional e logra presentarnos unha das máis abraiantes e desgarradas personaxes femininas de todo o século, caracterizada desde a oposición de identidades (homes contra mulleres, negros contra brancos, Europa contra América, novos contra vellos, ricos contra pobres, etc.). Sen dúbida, unha novela excepcional. “Ancho mar de argazo” conta a historia de Antoinette, desde que era unha nena na Xamaica de principios do século XIX ata os días derradeiros da Inglaterra vitoriana onde vive internada, aqueixada dunha incurable enfermidade mental.