Animais De Compañía

Autor:
Óscar Villán Seoane/Manuel Lorenzo González
Editorial:
Kalandraka Editora
ISBN
9788484643296
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
16
Formato
Cartoné
14,00€

A vella dona María subiu un día ao monte e volveu cunha caixa na que gardara varios bechiños silvestres para que lle fixesenmáis levadeira a súa soidade. Aconteceu daquela que unha veciña curiosa e algo lingoreteira quixo saber que había dentro.Dona María contoullo, mais a muller entendeu algo que nada tiña que ver coa realidade. A partir de aí, armouse en toda a vilaunha tremenda confusión que chegou a alarmar as autoridades. Que habería de certo no misterioso recipiente da anciá?“Animais de compañía”é un relato construído a partir dun xogo de palabras que amosa o moito que pode variar a percepcióndos acontecementos ao iren pasando de boca en boca. Estes versos rimados e cheos de humor animan os lectores a xogarpor si mesmos formando e deformando a linguaxe; unha proposta que nos remite á obra de clásicos como Lewis Carroll