Nun futuro próximo no que as humanidades están mortas, Alexandre Ossorio, profesos de linguas xubilado de avanzada idade, vive un retiro anódimo. Cando pasa as vacacións de verán en Portogrís, unha das vilas costeiras na que adoita languidecer, afronta o aburrimento embarcándose nunha excursión marítima desas nas que regalan mexillóns e viño branco. Unha pequena viaxe cun destino moi concreto. a illa Galana. En illa Galana nada é o que semalla: amosa un panorama estraño no que os seus habitantes viven entre a esperanza, a claustrofobia e o terrible. Un cadro no que a peza principal son uns seres chamados "Os Cultivadores", considerados monos de feira ou pezas dun museo dos horrores, pero que en realidade son moito, moito máis...