Cena Lusofona presenta en Galicia o último libro da súa colección de dramaturxia en lingua portuguesa. Publicada en dous volumes e nunha edición bilingüe galego-portugués, a Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo reúne 12 obras doutros tantos autores e un ensaio introdutorio asinado por Dolores Vilavedra. A escolla, que cobre un período temporal entre mediados do século XX ata a actualidade, foi asesorada por tres especialistas no teatro galego: as investigadoras e profesoras universitarias Dolores Vilavedra e Inma López Silva e a directora de escena Ánxeles Cuña Bóveda. As traducións do galego a portugués foron realizadas por Sofia Lobo e Zé Paredes.