Anton Aviles De Taramancos

Autor
Colectivo Crisol
Editorial
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
ISBN
9788495350732
Idioma
Gallego
Nº de páginas
24
Formato
Cartoné
Colección
Contos Populares
7,00€

O día 23 de marxo de 1992, "cando o mar de Taramancos deixaba, abraiado, de bruar por uns instantes e o vento tocaba a silencio nos montes do Barbanza", en palabras do amigo Xosé Agrelo Hermo, foi soterrado Antón no cemiterio de Boa, cuberto coa bandeira de Galiza e baixa unha lápida coñecida como "A pedra do estudante". O ano 2003, por decisión da Real Academia Galega, adícase o Día das Letras ao estudo e celebración da súa obra e da súa vida. Será o da definitiva consolidación de Antón Avilés de Taramancos como figura fundamental da nosa Historia e da nosa Literatura.