Ao Norte Unha Montaña, Ao Sur Un Lago, Ao Oeste Uns Camiños, Ao Leste Un Río

Autor
Lászlo Krasznahorkai
Editorial
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866663
Idioma
Publicado
2014
Nº de páginas
149
Formato
Rústica
Colección
Contemporanea
16,00€

Sinopse Un xardín. O xardín máis fermoso do mundo. Un príncipe. O neto do lendario príncipe Genji. A súa procura, os seus segredos, unha fuxida e unha persecución; unha trama na que un mosteiro abandonado, o tren da liña Keihan, as antenas de televisión, a exuberante Natureza e o saber milenario presente na marabillosa arquitectura deste mosteiro nun lugar ignoto do Xapón fúndense nun todo e conforman o ambiente inquietante desta obra na que a prosa de László Krasznahorkai flúe, vira e revira e visita os recantos da harmonía intemporal e a disharmonía humana, do símbolo e a realidade, da matemática e as forzas vivintes da Terra, da estética do Oriente e a formación dos cristais para iluminar dun xeito desacostumado e cunha intensidade desacostumada a existencia.