Vivín con Isabel, e quíxena. Ela foi a muller que eu abracei, a que me deu fillos e moitos momentos de felicidade... Ti, Laura, fuches sempre a muller dos meus soños...Ao pé dunha árbore que unha muller prantou, un home rememora a súa vida: os éxitos, os fracasos, as decisións que marcan un camiño sen retorno.
Marina Mayoral lévanos nesta novela a esas fonduras da alma onde se agochan os soños, as ilusións, as arelas non realizadas, agardando a ocasión de xurdir de novo á vida.