Sinopse
Había unha vez un home moi vello que estaba amolado porque o seu único fillo non quería herdar o seu oficio. Todos os días o pai, chovese ou non, tiña que ir traballar, mentres o fillo quedaba estomballado na casa agardando a hora do xantar. Pero un día todo cambiou: o pai enfermou e o rapaz tivo que aprender en pouco tempo os trucos para ser un bo home do saco