Aquel neno leva dentro o neno que foi Xosé Neira Vilas. Sabe o autor que o seu carácter, o seu xeito de ser vén de aquel neno, do ámbito familiar e social que lle cadrou en sorte, e dos primeiros pasos que o seguiron; e que a súa vida de adulto é, queira ou non, a suma de traballos, friaxes, medos, fames e carencias da vida dun neno pobre dunha aldea galega dos anos 30 e 40 do século que se nos foi.