Aquela Praia Dos Hamptons

Autor
Marco Malfatto
Editorial
Faktoria K De Libros
ISBN
9788419213112
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
322
Formato
Rústica
Colección
Rustica
16,00€

Tanto me angustiaba aceptar como non aceptar, porque a angustia non a causa o que un elixe, como ben dicía Kierkegaard, senón ser consciente de que un ten a liberdade de decidir, de que un está condenado a elixir, pensei para consolarme, aínda que Kierkegaard dixo iso cunhas boas medias de la. A recomendación por parte do seu terapeuta dun paseo polas praias dos Hamptons levouno a coincidir con Merton, un exitoso produtor de televisión a quen coñece dende hai tempo. Este encontro converteuse nunha oportunidade para revitalizar a súa carreira como guionista, pero o único que parece obsesionalo é un burato no seu calcetín dereito. Cun humor mordaz e unha divertida prosa narrada en primeira persoa, “Aquela praia dos Hamptons” é unha novela breve que remite á intriga, á elegancia e ao enxeño de autores como John Updike, Anne Tyler ou Eduardo Mendoza.