Aram o armenio, primeira colaboración entre o guionista galego Abel Alves e a debuxante arxentina Majox, é unha historia que combina a dureza duns feitos reais (o xenocidio armenio por parte do Imperio otomán) coa banda deseñada clásica de aventuras, en que a denuncia das violacións dos dereitos humanos convive cunha narración de entretemento apta para todo tipo de públicos. Un século despois dos feitos —que hoxe en día o Estado turco segue sen admitir—, esta banda deseñada serve para a súa reivindicación e para a denuncia de todas as atrocidades que se seguen a cometer no mundo.
Prólogo de José Antonio Gurriarán