Arqueoloxía, Prehistoria e Historia nas terras de Monterrei, Ourense

Autor
Martiño X. Vázquez, Adolfo Fernández
Editorial
Universidade de Vigo - Publicacións
ISBN
9788411880244
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
165
Formato
Rústica
Colección
Monografías da Universidade de Vigo. Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais
Dimensiones
17 x 24 cm
10,00€

Esta publicación, homenaxe ó profesor Antonio Rodríguez Colmenero, nace ao abeiro das Xornadas de Prehistoria, Arqueoloxía e Historia nas Terras de Monterrei, celebradas entre o 23 e o25 de setembro de 2021. O traballo feito por este e outros investigadores durante boa parte do século XX foi o xerme que fixo que a comarca de Monterrei sexa nos últimos anos un dos focos principais das actividades arqueolóxicas na provincia de Ourense. A interese dos concellos de Monterrei polo seu patrimonio arqueolóxico é facilmente medible se botamos unha simple ollada ás cifras de proxectos arqueolóxicos desenvolvidos nos últimos anos dando así continuidade os traballos dos pioneiros no século XX. Este libro aglutina unha boa parte da investigación arqueohistórica levada a cabo na comarca de Monterrei durante a última década. Son seis capítulos con datos novidosos e inéditos que van dende a Prehistoria recente ata a Baixa Idade Media. O longo desta obra colectiva o lector/a darase conta rapidamente que a investigación histórica e arqueolóxica é a única maneira de romper co silencio do pasado. Os xacementos arqueolóxicos que aparecen neste traballo como A Saceda, San Millao, Muro de Búbal, Medeiros, Lobarzán, Mixós, Verín e moitos outros cobran agora vida funcionando como transmisores do pasado da comarca grazas á investigacións que os rescatan do seu ostracismo histórico.

destacados (65) , novedades (49)