Arquitecturas Da Infancia

Autor
Ramón Area Carracedo Luís Vila Pillado
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484871798
Idioma
Gallego
Nº de páginas
181
Formato
Rústica
18,00€

O que se reclama da saúde mental acerca dos nenos é en si mesmo un síntoma, entendido como indicio da concepción social da infancia e da propia saúde mental. Neste libro os autores intentan seguir unha particular metodoloxía para o estudo destas cuestións, situándose como eles mesmos sinalan nas marxes e nas fronteiras do saber. Como manifesta no prólogo Federico Menéndez, o neno é privado dun dereito: o de ser capaz de sentir e sufrir, gozar e padecer, deprimirse e exaltarse, delirar e razoar, pero todo isto ao tempo que entra de cheo na economía de mercado, até o punto de constituírse toda unha industria ao seu redor. De aí a alerta dos autores, enmarcando a infancia nunhas coordenadas que nos permitan repensala sen os falsos adobíos que emanan do ideal imaxinario das falsas e delicadas conciencias. A importancia decisiva que os autores conceden á noción de lugar e á de acción queda reflectida no título: arquitecturas e teatros. Tales arquitecturas, é dicir, os lugares destinados á infancia, sufriron grandes transformacións ao longo da historia. O seu modo de ocupalos, que dada a importancia do actuado máis que do pensado denominaron teatralidade, tamén sufriu importantes cambios. Estes elementos pertencentes á realidade máis tanxíbel permítenlles deducir as características sociais da infancia. Así mesmo, as demandas de atención psiquiátrica ao neno, analizadas desde un punto de vista histórico e cultural, revelan as friccións existentes nos diferentes discursos sobre a infancia.