Sete poetas compoñen estas Arquitecturas, que serven de fío condutor na construción de outros sete universos distintos e distantes. Convocadas a participar en varios actos poéticos acontecidos en distintos puntos da nosa xeografía, estas voces xuntan agora os seus textos ao redor das Arquitecturas que conforman este corpo único, un predio no que habita unha parte significativa da poesía galega actual.