Arrecende A Limpio

Autor:
MARY ANN SIMPSON
Editorial:
Lidel Ediçoes Tecnicas
ISBN
9788412463521
Idioma
Español
Publicado
2023
Nº de páginas
255
Formato
Rústica
17,00€

Limón, sal, vinagre, bicarbonato, pero tamén cebolas, canela, plátanos, arroz, iogur... Tes a casa ateigada de productos de limpeza. A resposta a unha vida cunha menor pegada para o ambiente e a saúde pasa por entenderes os ingredientes e efectos dos productos que adquires e por creares na casa os teus propios deterxentes e limpiadores con receitas sinxelas que darás feito nunha carreira. Non precisas dunha despensa cun milleiro de opcións diferentes e especificas para cada tarefa, cheas de substancias nocivas, conservantes químicos e compostos tóxicos. Abonda con aprenderes as propiedades das alternativas naturais que tes á man e ir cambiando os teus hábitos aos poucos. Verás como vai mudando tamén o ambiente do teu fogar e mesmo sentirás que na casa se respira doutro xeito. Arrecende a natural!