Sinopse
O autor presenta, modestamente, este breve ensaio como unha «miscelánea de comentarios». E, en efecto, na súa pescuda arredor do crucial concepto de verdade, Guillermo Domínguez recorre a un coidadoso e persoal exercicio de hermenéutica que lle leva a se enfrontar con textos (as veces, a penas frases) esenciais de Aristóteles, Schopenhauer, Platón, Hegel e Wittgenstein. Pero o resultado final é moito máis que unha simple miscelánea. Hai nestas apretadas liñas unha atrevida, orixinal e coherente proposta sobre a verdad e mesma que, lonxe de escepticismos paralizantes, se abre nunha afirmación de liberdade. Porque, como o propio autor sinala nas consideracións finais que pechan o ensaio, a procura da verdade é posible e nela atópase unha das claves da liberdade humana.