Arte De Amar Remedios Do Amor

Editorial
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866748
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
172
Formato
Rústica
Colección
Rustica
16,00€

Arte de amar e Remedios do amor son dúas obras didácticas clásicas, de enorme éxito dende a súa publicación e mesmo na Idade Media, nas que Ovidio ofrece a toda a sociedade as súas ensinanzas no tocante ao amor e ao sexo. Nos dous primeiros libros da Arte de amar diríxese aos homes, mais no terceiro ensínalles ás mulleres as mesmas artes de sedución. Por outra banda, os Remedios do amor resérvanse a aconsellar sobre como esquecer un amor enfermizo. Con estas dúas obras queda cuberto o tema amoroso, dende os tenros comezos até os máis dolorosos desenlaces, e dende o punto de vista tanto das mulleres coma dos homes. Porén, compoñer poemas deste tipo na Roma de Augusto tiña un prezo, e hai quen sinala que a causa de que Ovidio fose desterrado foi a publicación do primeiro libro, considerado polos ambientes máis conservadores do imperio como unha especie de guía para cometer adulterios.