Arte Na Esquizofrenia E Outros Excesos

Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484871118
Idioma
Gallego
Nº de páginas
135
Formato
Rústica
11,00€

A arte é o eixo principal sobre o que xiran estes ensaios de Fidel Vidal. No primeiro deles en relación coa esquizofrenia, causante de tantas opinións e controversias, mesmo dando orixe á encucillada e confusión entre creación e orixinalidade, ao confluíren a un tempo conceptos como “primitivo” e “infantil”, “marxinal” e “loucura”, e a influencia da psicanálise no mundo creativo. Coincide o autor con Dubuffet, o home da art brut, cando afirma que “non hai unha arte dos perturbados, como non hai unha arte dos dispépticos nin dos que sufren dores de xeonllos”. O autor reflexiona tamén sobre o suxeito atrapado na rede informática, que corre o risco de pasar de suxeito a obxecto. Unha reflexión que igualmente aborda na análise da obra de Lichtenstein, teimudo por parecerse na execución dos seus lenzos cada vez máis a unha máquina, na busca da perfección e da exactitude dos mesmos como síntoma da carga obsesiva que se vive na actualidade. En oposición a isto, o que acontece na loita estrutural de Leopoldo Nóvoa. Por último, no ensaio “O Mal en As flores do mal” en homenaxe a Baudelaire, abórdase a idia do Ben como Mal