Un novo clásico de Astrid Lindgren en lingua galega protagonizado por un dos seus personaxes máis queridos. Un divertido libro de aventuras ideal para os que comenzan a ler de forma autónoma.
Emil ten cinco anos, é un neno forte coma un touro, valente e algo testán que vive nunha granxa chea de animais coa súa familia. Cos seus ollos azuis e o pelo loiro e laúdo semella un anxiño, mais as súas trasnadas volven tola a toda a vila.
Unha obra inspirada nos recordos e anécdotas de infancia do pai da autora nunha granxa de Småland, que nos achega a unha infancia feliz, en contacto coa natureza, á que Astrid Lidgren aspiraba para todos os nenos e nenas. Un entorno familiar no que transcorren as aventuras deste atrevido personaxe que aprende coa experiencia do día a día e cuxos actos ás veces teñen consecuencias inesperadas que poñen a proba o seu enxeño.
Unha edición que conserva as ilustracións orixinais de Björn Berg, agora restauradas e coloreadas, quen, no seu día, viaxou a Småland para estudar con minuciosidade as casas, xardíns, valados, portas e a contorna natural para darlle vida a esta obra.