Sinopse
No Prado das Herbas Asubiadoras, as bolboretas douradas viven unha vida regalada, gobernadas polos sabios consellos da súa raíña. Teñen a felicidade asegurada mentras a obedezan. Pero, un día, tres das bolboretas, Xan, Pisco e Lume achéganse ó muro prohibido e son irremediablemente atraídas pola flor máis marabillosa que nunca viran.