As Confesións Dunha Filla Do Século

Autor
Donna Paola
Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788412128017
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
322
Colección
Narrativa
16,70€

As confesións dunha filla do século. Epistolario dunha morta (Milán, 1901) é unha novela epistolar escrita cun estilo vivaz e desinhibido, que xa no título revela o seu modelo, Confession d’un enfant du siècle (1836) de Alfred de Musset, aínda que tamén mantén un vencello evidente coa literatura etiquetada como rosa da francesa Gyp (Sybille-Marie-Antoinette de Riquetti de Mirabeau). A protagonista, Viviana, dá a coñecer o seu testamento espiritual logo do seu suicidio a través de oito cartas que desvelan aos poucos detalles da súa vida e a súa personalidade. En todas as misivas, ela, agonizante, reivindica con firmeza a súa sexualidade, que agroma na adolescencia co forte desexo cara á súa amiga Paola, e que cos anos se verá condicionada pola miseria e o infortunio. Ademais, sentirá o asoballamento dunha realidade na que priman a hipocrisía e as conveniencias, o que afianza nela o afastamento dos estereotipos impostos polos amantes que pasaron pola súa vida.