As Fillas Do Defunto Coronel

Autor
Katherine Mansfield
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483026397
Idioma
Gallego
Nº de páginas
88
Formato
Rústica
Colección
As literatas
9,30€

Os contos deste libro reflicten de modo xeral a discriminación á que se ven as mulleres na sociedade de principios de século, ó tempo que critica, de xeito implícito, a represión exercida desde institucións como a familia e o matrimonio. Nestes tres relatos, a autora arremete contra o concepto victoriano da familia, a visión romántica do amor e mesmo a falacia humanista sobre a coherencia e unidade do ser. En gran parte da súa obra a escritora céntrase en explora-las dualidades e ambigüidades agochadas na mente humana. As historias das protagonistas coinciden non só pola súa denuncia dunha sociedade perversamente deseñada para limita-las posibilidades de desenvolvemento das mulleres. - ademais, Mansfield ocúpase de analiza-los aspectos máis escuros e irracionais do inconsciente. Ó amosarnos sempre os seus personaxes femininos alienados perante o debate entre as imposicións externas e os seus desexos, a escritora ataca os convencionalismos ríxidos no que respecta ós papeis normais asignados ás mulleres