Poesía cun ritmo e cunha musicalidade únicos que a vizosa tradución galega de Gonzalo Navaza consegue transmitir na súa plenitude. Con As flores do mal (1857), Charles Baudelaire situaba a poesía na encrucillada da literatura moderna. Nada do escrito despois se había de ler do mesmo xeito, xa non se podería escribir coma antes. Por primeira vez, a poesía descobre a ruidosa corrente da multitude, asexa a beleza en territorios onde nunca se concibira a súa existencia, conquista a cidade e acariña o escuro mundo da finitude e do perverso. Un alento descoñecido ata daquela percorre os versos dun libro considerado un dos fitos da literatura de todos os tempos