Un home sen memoria a piques de morrer e un cadáver coa cara rebentada e un furado no peito forman o interrogante co que Xerardo Méndez comeza esta novela. Arestora xa non hai maneira de fuxir: o tiro, non un, senón dous, saíu dunha pistola automática, e ó Arsenio, un policía escaldado e eterno vencido que ten paixóns tan funestas coma a filosofía e as metáforas, acaban de lle estragar a fin de semana que tiña para ir ós peixes